FAZ I+D+i

Expertos en Transferencia de coñecemento e relacións Universidade- Empresa

A investigación realizada nas universidades no campo das Ciencias Humanas está cada vez máis cerca da sociedade achegando solucións transversais a problemas de diversa índole.

Nós, en FAZ, servimos de ponte entre a universidade e a sociedade para que sexa posible materializar a transferencia de coñecemento nestas áreas, conectando así a universidade e a industria. A nosa experiencia como actores do propio sistema de innovación, dános unha visión privilexiada que nos permite dar respostas rápidas, innovadoras, e específicas a cada un dos nosos clientes.

En FAZ contamos con alianzas, redes e metodoloxías propias, así como con instrumentos para ofrecer solucións de alta consultoría baseadas nun coñecemento alargado do sistema de ciencia e innovación. Elaboramos propostas estratéxicas de innovación para distintas organizacións. Buscamos parceiros, procuramos financiamento e, xestionamos e asesoramos proxectos de I+D+i no campo das Ciencias Humanas e Sociais a nivel nacional, europeo ou internacional. Asesoramos e impartimos formación para a creación de spin off e empresas de base cultural; organizamos congresos, cursos, xornadas e workshops; e creamos contidos para publicacións, exposicións, webs, etc. Porque en FAZ sabemos da importancia e das posibilidades das humanidades como elemento transversal e definitorio na produtividade de todo tipo de organizacións.

Tipos de proxectos:

  • Planos estratéxicos de transferencia de coñecemento para  universidades, oficinas de transferencia ou áreas de vinculación empresarial.
  • Actualización de modelos de traballo de acordo aos retos, desafíos e necesidades actuais: retornos económicos, demanda de innovación, dimensión global, presenza en internet, etc.
  • Creación de novos enfoques para conectar coa industria: innovación aberta, networking e redes sociais 2.0, marketing online, etc.
  • Asesoramento e avaliación de proxectos, iniciativas ou accións para mellorar a relación coa contorna empresarial.
  • Asesoramento na creación de spin off
  • Planos estratéxicos de transferencia de coñecemento para o teu grupo, departamento ou facultade. Aplicable en áreas socioeconómicas ou humanísticas.
  • Programa formativo en transferencia de tecnoloxía en humanidades e ciencias sociais.
  • Elaboración de material formativo e de asesoramento: guías, dossier, cursos.

Deseño, elaboración, presentación e asistencia técnica en convocatorias de  Proxectos internacionais, europeos e nacionais de I+D  Busca de convocatorias adecuadas ao seu proxecto e xestión de proxectos xa aprobados.

  • Procura de socios
  • Preparación do formulario da Comisión Europea
  • Elaboración do orzamento.

Especial énfase en convocatorias europeas, do espazo iberoamericano de Ciencia e Tecnoloxía e de Europa con países ACP (África, Caribe e Pacífico).