Faz Internacional

FAZ internacional conta con excelentes profesionais, de grande experiencia no campo da investigación e o comercio exterior, o que nos permite coñecer as necesidades do mercado internacional no campo da consultoría relacionada cos países de fala portuguesa. Servimos de ponte aos nosos clientes europeos para estableceren relacións coa Comunidade de Países de Lingua Portuguesa, como Brasil, Angola, Mozambique, Cabo Verde ou Portugal. Tipos de proxectos:

  • Planos estratéxicos de internacionalización de empresas en mercados emerxentes, como Brasil, Angola.
  • Estudos de viabilidade e capacidade exportadora.
  • Estudos de mercado sectoriais dentro dun país.
  • Accións de aproximación directa a un mercado.
  • Procura de socios  estratéxicos ou conexión de empresas para  Unións Temporais.
  • Coaching  SocioCultural  para empresas e negocios de tódolos sectores: impartimos formación en ideas e contidos sobre cómo encontrarse en xornadas e negocios entre empresas, tendo en conta os protocolos socioculturais lusófonos.
  • Asesoramento a traballadores de empresas que saian a traballar a países lusófonos.