FAZ Optimiza

FAZ Optimiza é un paquete de medidas e instrumentos que pon en práctica a nosa experiencia adquirida no ámbito da investigación académica ao longo da última década. Os nosos resultados de investigación permítennos contar cunha batería de instrumentos propios para traballar na optimización de intanxíbeis para todo tipo de organizacións implicadas no desenvolvemento económico sustentable das rexións.

A través de FAZ Optimiza ofrecemos solucións empresariais específicas e valorización de intanxíbeis a organizacións de carácter público ou privado por sectores.

En FAZ Optimiza, a cultura é utilizada como materia prima para propostas de innovación económica e social, porque sabemos que o coñecemento xerado polas Ciencias Humanas e Sociais é un elemento catalizador, ademáis de ser un eixo central en todos os procesos de cambio económico e social.

Tipos de proxectos:

  • Planos de Optimización de PEMES e negocios para mellorar a  produtividade de tódolos recursos dispoñibles.
  • Definición de estratexias de dinamización comercial
  • Asesoramento empresarial
  • Deseño de planos de cooperación empresarial
  • Estudos de mercado
  • Planos de viabilidade empresarial