FAZ Edición

Eu não acredito

FAZ realiza todo tipo de traballos lingüísticos de tradución, corrección, revisión e edición de textos (corrección orto-tipográfica, adaptación a modelos editoriais, edición literaria, etc.)

Temos experiencia en traballo con editoriais especializadas, e en tradución de grandes volumes de texto co portugués, o  galego e o español como principais linguas de chegada.

En FAZ realizamos tamén asesoría editorial e literaria dentro do ámbito da literatura galega e das literaturas lusófonas fundamentalmente, xa que contamos con experiencia larga no ámbito da crítica e da difusión.