FAZ Formación

En FAZ impartimos formación especializada por sectores, en idiomas, particularmente en portugués.

A formación que proporcionamos vai máis alá da destrezas lingüísticas, e procura unha comprensión de todos os elementos da comunicación para lograr un bo desempeño comunicacional no ámbitos lingüístico, cultural e social.

Temos experiencia na organización de cursos a través de plataformas e–learning, tendo realizado xa unha edición do curso Portugués para Nós, plataforma innovadora para a aprendizaxe do portugués especificamente adaptada para estudantes galegos, e xa imos pola segunda do Portugués no prato, plataforma para o ensino de portugués dentro do ámbito da hostalaría.


Portugués para Nós Grupo Galabra/Portugués para nós portuguesparanos.org

Portugués no prato Grupo Galabra/Portugués no prato portuguesnoprato.com