FAZ Turismo e Cultura

Innovación en  produtos turísticos e asesoría en políticas públicas nas áreas de Cultura e Turismo En FAZ traballamos na procura continua de fórmulas innovadoras e adaptadas para o sector turístico. Planificamos e aplicamos estratexias; e avaliamos e corriximos, para obter os resultados desexados.

Creamos produtos turísticos e asesoramos en materia de políticas turísticas e culturais a administracións públicas, porque o sector turístico é un elemento estratéxico con gran impacto social e económico para o desenvolvemento sustentábel das rexións.

Elaboramos Planos de Turismo onde facemos planificación dos recursos turísticos a través do seu aproveitamento sustentábel, provocando impactos con importantes retornos económicos e sociais no corto, medio e longo prazo.

A través do noso programa FAZ IntegraCulturatraballamos directamente con organizacións vinculadas ao sector cultural, para as que elaboramos medidas e políticas socio-culturais que contribúen a unha maior sinerxia entre o turismo e a contorna.

Tipos de proxectos:

  • Informes de situación do sector turístico e cultural.
  • Planos estratéxicos e planos de competitividade de destinos e produtos turísticos.
  • Planos de Marketing Turístico. Planos de definición de imaxe de marca e de promoción de destinos turísticos. Estratexias e programas de adaptación de destinos turísticos a  mercados emerxentes.
  • Deseño de produtos e experiencias turísticas e culturais; valorización do patrimonio material e inmaterial.
  • Comunicación e Marketing estratéxico e operativo de destinos, produtos turísticos e actividades e servizos culturais
  • Definición e/ou implantación de procesos de innovación e sistemas de calidade no sector turístico.
  • Planes de mellora competitiva territorial (destinos e produtos turísticos, actividades e servizos culturais) e empresarial.
  • Formación e elaboración de ferramentas de mellora do sector turístico para técnicos e empresarios (definición de procedementos, manuais e guías, deseño de portais e aplicacións informáticas, aplicacións móbiles…)