FazBox Cultural Travels

En FAZ promovemos o turismo de experiencia, sustentable e cultural baseado no coñecemento e na interacción real entre o viaxeiro e as comunidades locais.

Cabo Verde, Experiencia Crioula

FazBox Cabo Verde

Coñece o Cabo Verde máis auténtico

FazBox Cabo Verde

Turismo de aprendizaxe e sostible, turismo de experiencia

FazBox Cabo Verde

Turismo e ocio para xente viaxeira

FazBox Cabo Verde

Descobre Mindelo a través da súa música e da súa xente

FazBox Cabo Verde

Cabo Verde creativo e cultural

FazBox Cabo Verde

Cabo verde real, diferente, lonxe das multitudes

FazBox Cabo Verde

Conoce el Cabo verde más auténtico

FazBox Cabo Verde

Turismo de aprendizaje y sostenible, turismo de experiencia

FazBox Cabo Verde

Turismo y ocio para gente viajera

FazBox Cabo Verde

Descubre Mindelo a través de su música y de su gente

FazBox Cabo Verde

Cabo Verde creativo y cultural

FazBoxCabo Verde

Cabo verde real, diferente, alejado de las multitudes

Cape Verde
Cape Verde
Cape Verde
Cape Verde
Cape Verde
Cape Verde
FazBox Cabo Verde 1
FazBox Cabo Verde 2
FazBox Cabo Verde 3
FazBox Cabo Verde 4
FazBox Cabo Verde 5
FazBox Cabo Verde 6

Coñece a cultura de Cabo Verde da man dos propios cabo-verdianos. Vive unha experiencia real e próxima, cuidada en todos os seus pormenores pola equipa FAZ na Galiza e en Cabo Verde.

A FazBox permite vivir a experiencia da vida na cidade do Mindelo, na Illa de São Vicente, coñecer a cultura, a xente, as músicas e os ritmos propios de Cabo Verde.

Combina días de vacacións con formación e aprendizaxe á medida: mellora as túas competencias en portugués ao tempo que descobres a riquísima cultura cabo-verdiana.

Alén de mellorar facilmente as túas competencias en portugués, o noso profesorado nativo introducirate de forma simple e divertida na historia e na cultura cabo-verdiana, e incluso en nocións básicas de crioulo, para que aproveites a experiencia ao máximo.

Poderás coñecer, en encontros programados, as personalidades máis relevantes da cultura cabo-verdiana no campo das letras, das artes, do cinema, da música.

Acompañamento, proximidade e coñecemento diferencian a FazBox. Todas as actividades poden ser realizadas xunto con persoas locais dispostas a contar de primeira man as mellores historias e segredos dunha illa mítica.

FazBox ofrece unha alternativa de turismo sustentado e sustentábel. O noso paquete é desenvolvido por FAZ en estreita colaboración con organizacións culturais, sociais e de ensino superior de Cabo Verde.


Condicións

Duración 10 días

Saídas Avión dende Oporto en xullo, agosto e setembro

Grupos Máximo 12 persoas

Aloxamento Hoteis de 3 ou 4 estrelas, ou casas-pensións típicas do Mindelo

Destacamos • Actividades coa poboación local e curso de verán con clases de portugués e cultura cabo-verdiana • Guías locais especialistas • Transporte privado • Talleres de cociña • Encontros con personalidades da cultura : escritores, cineastas, músicos

Prezo Dende 585 * € + vóo ( convenio especial de FAZ coa TAP Portugal) * 765 € con curso certificado de portugués (convenio Universidad de Santiago de Compostela-Universidad de Cabo Verde)

Solicita o programa completo aquí


Recomendacións

A FazBox ofrece unha experiencia de inmersión na cultura caboverdiana, polo que a nosa recomendación é que tentes vivila de forma intensa e respectuosa coas persoas que residen no lugar. Neste decálogo incluímos unha serie de recomendacións para que desfrutes da viaxe, coñezas a cultura e as persoas e evites os impactos negativos que a presenza de turistas pode ter en calquera destino:

1. Adáptate aos ritmos e aos tempos do lugar. Lembra que estás de vacacións.

2. Explora a gastronomía caboverdiana. Adáptate ao que os menús teñen para che ofrecer, e tenta pedir, de preferencia, os produtos que son producidos e consumidos localmente.

3. Cabo Verde ten un clima magnífico, mais a contrapartida é unha seca endémica. Sé consciente disto e minimiza o teu consumo de auga.

4. Gentileza gera gentileza. Este dito brasileiro resume ben os usos no entorno lusófono, particularmente cuidados coas formas. Extrema a cortesía no teu trato coas persoas locais e desfruta dos efectos da xentileza recíproca.

5. Cabo Verde é un país ben desenvolvido no contexto africano, mais con escaseza de recursos nalgunhas áreas. Coñece a súa realidade e compréndea.

6. Pode que as condicións materiais te choquen nun primeiro momento. Tenta ver alén delas e desfruta dos modos de vida que a sociedade caboverdiana conserva.

7. A chave dunha experiencia de inmersión cultural está en perderse entre a xente local. É bo moverse con compañía por un lugar descoñecido, mais evita, sempre que podas, desprazarte en grupos grandes. 2 ou 3 persoas serán suficientes.

8. Frecuenta de preferencia os lugares onde vexas persoas locais fronte aos lugares destinados ao turista para teres unha experiencia máis real e directa da vida caboverdiana.

9. A sociedade caboverdiana é bilingüe. No curso aprenderás nocións básicas de crioulo caboverdiano: tenta pólas en práctica como mostra do teu coñecemento da realidade local.

10. O noso curso tenta ofrecer todas as chaves da cultura e da historia caboverdiana, aínda así, pregunta, fala e explora tamén pola túa conta.