Empresa

FAZ Cultura e Desenvolvimento é unha empresa de consultoría estratéxica, calificada pola Xunta de Galicia de IEBT (Iniciativa Empresarial de Base Tecnolóxica), formada por profesionais da Cultura e da Economía, que traballa fundamentalmente en proxectos de I+D+i no ámbito das Ciencias Humanas e Sociais.

FAZ é tamén un nodo xeograficamente estratéxico entre todos os organismos, públicos e privados, que realizan accións relacionadas coa cultura, o turismo e a innovación, entre a Comunidade de países de Lingua Portuguesa (CPLP ) e o resto de Europa. A innovación e a investigación é o que nos diferencia.

FAZ é unha spin off surxida da Universidade de Santiago de Compostela na somos pioneiros no noso ámbito de coñecemento e transferencia.

En FAZ pensamos que a investigación realizada no campo das Ciencias Humanas resulta vital para unha sociedade en continua mudanza e crecemento; un crecemento sustentábel ao abeiro do enriquecemento achegado pola investigación fundamental das Humanidades. É por isto que a transferencia de coñecemento nestas áreas, da Universidade á sociedade,  é posíbel e crucial para o desenvolvemento desta última.

En FAZ, traballamos coa cultura, planificámola e tratámola dunha forma plástica, e isto provoca impactos multidimensionais en diversas esferas da estrutura socio-económica, que redundan sempre en  melloras na calidade de vida da sociedade.

En FAZ utilizamos a cultura como catalizadora  de propostas de innovación económica e social para unha sociedade máis cohesionada, en que a innovación no campo das Humanidades se converta nun elemento transversal, alicerce para un crecemento e un desenvolvemento social sustentados e progresivos.

Temos, en consecuencia, unha filosofía moi definida que estimula o noso coñecemento e a nosa forma de traballar: buscar excelencia en cada un dos nosos proxectos.