Observer. Turismo Científico

(Esta sección está en proceso de migración á un espazo propio: http://www.observersciencetourism.com/ )

Observer. Dossier informativo. DESCARGAR

Unha ollada á ciencia.

jmm-fib-number Biodiversity_Heritage

O Turismo Científico é unha  modalidade de turismo orientada ao fomento dunha cultura turística e científica que permite coñecer, compartir e valorar a orixe, os costumes  e o coñecemento do territorio dunha forma creativa.

O Turismo Científico pretende  o achegamento ao territorio  dun novo perfil de turista máis  específico e con intereses relacionados  con calquera das distintas áreas científicas. Neste sentido, trátase dun segmento do turismo de intereses especiais onde os produtos se coordinan co desenvolvemento de coñecementos científicos,  xerando oportunidades de apoio para as investigacións, así como transferencia de coñecemento ao público non especialista.

O noso obxectivo é a creación dun modelo novidoso baseado na idea dun turismo alternativo, de calidade e desestacionalizado,  promovendo un uso sostible dos recursos naturais ao tempo que facemos divulgación científica,  amosando a presenza da ciencia no noso entorno.

Usamos o medio natural como recurso para a divulgación da ciencia. O fundamento desta modalidade de turismo é unha articulación entre a sociedade que forma parte dun territorio, o sector educativo e as redes produtivas,  na procura da conservación e desenvolvemento de actividades para o turismo que atendan a necesidades sociais, económicas, ambientais e culturais de cada rexión.

Distintivo Observer. Divulgación científica con calidade e rigor.

Observer. Dossier informativo. DESCARGAR

Observer xorde como un distintivo de calidade no seno de FAZ, dentro dunha “forma de facer” sempre á procura de fórmulas innovadores de divulgación científica didácticas, amenas e orixinais, mais coa rigorosidade e veracidade que acompañan calquera manifestación científica.

As actividades vinculadas ao turismo científico a miúdo adoitan estar moi especializadas en función da área científica na que se pretende traballar. Daquela, o rigor á hora de desenvolvelas é un requisito indispensable para crear produtos turísticos de calidade.

O distintivo Observer, vai ao encontro desta necesidade e permite a certificación con criterios de excelencia de todos aqueles desenvolvementos arredor do Turismo Científico.

Observer. Turismo Científico. Distintivo de calidade para a catalogación de territorios ou empresas e organismos vinculados ao turismo, como espazos comprometidos co coñecemento científico e a súa divulgación, tendo como base un determinado patrimonio natural ou cultural asociado.

Así mesmo, recoñécense con este distintivo todos aqueles axentes que participan no desenvolvemento deste tipo de turismo, dende os aloxamentos ata as empresas con persoal convenientemente preparado, garantindo deste modo a calidade, e o rigor na divulgación científica ao desenvolver este tipo de servizos.

Metodoloxía avalada por doutores e licenciados en bioloxía, física, química, matemáticas, economía e historia, todos eles formados na Universidade de Santiago de Compostela.